img
 

CAMIÑO REAL

 


DESCRIPCIÓN:

Hai un camiño antigo, coñecido como “Camiño Antigo ou Romano” que segundo a tradición popular data da época romana.

É unha sección das chamadas estradas reais, itinerarios que permitían aos viaxeiros e comerciantes da época viaxar por todo o país.
É moi posible que formara parte dunha das rutas orixinais do Camiño de Santiago. De feito, aínda que hoxe hai rutas de peregrinación máis concorridas ata a cidade do sepulcro, foron varias as rutas que seguiron os peregrinos.

En particular, únese ao Camiño Francés co Camiño Primitivo e pasa polos concellos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Triacastela, Láncara, O Corgo e Lugo.

En zonas montañosas coma estas, era frecuente que os viaxeiros optaran por itinerarios máis agradables debido ao tempo, sendo esta unha ruta máis soportable, cunha pendente moi lixeira, inferior ao 5% en moitos casos, algo moi propio das vías romanas. .

Percorre zonas altas, roldando unhas alturas próximas aos 1.200 metros. Ten unha lonxitude total duns 60 quilómetros dende Padornelo en Pedrafita, onde se separa do Camiño Francés ata a capital de Lugo, para atoparse co Camiño Primitivo.

TRAZADO:

Premer para ir á ruta

Premer para ir á ruta

Distancia:

11 km.

Duración estimada:

00:02:45

GALERÍA DE IMAXES: